jueves, 11 de diciembre de 2014

martes, 2 de diciembre de 2014

CQC14

Hola a tod@s , os quiero enseñar una tarea que tuve que hacer para informatica. En la tarea teniamos que elegir entre hacer un relato que tratara sobre algo de la ciencia o editar un relato que ya habian hecho otros alumnos del año anterior para concursar en un concurso llamado CIENCIA QUE CONTA, yo elegí editar un relato , a el relato que elegí tuve que ponerle hiperenlaces.
Para hacer este relato tuve que seguir unos pasos:

1._ Tuve que elegir el relato que mas me gustara del concurso anterior.
2._ Utilize el Drive para pasar el archivo de formato pdc a formato doc.
3._ El texto ya paso directamente a un documento en drive ya que lo hize por el.
4._Y por ultimo lo edite , puse los hiperenlaces.

Aquí os lo dejo espero que os guste

O garfo dos Pérez
 
Antón Alexandre Pérez Vázquez
 
Ola, son un garfo! E agora estou vivindo na casa dos Pérez. Pero... queredes
saber como cheguei ata aquí? Pois aquí tedes a historia da miña vida.Primeiro presentareivos os meus pais. Son o ferro e o carbono. Sonminerais que vivían
na Terra, pero que non se coñecerían se non fose porque os seres humanos
decidiron que estaría ben que se xuntasen. Menos mal que foi así, porque
senón eu non estaría agora aquí. Porque si, acertastes,eu nacín desa unión; 
 ben, en realidade chámase unha aliaxe. E o, resultado dela é o aceiro.
imagesM03QOH1Y.jpg
Pero antes de chegar a ser como me vedes agora aínda ten que  pasar un tempo. Logo da aliaxe os humanos levan os meus pais a unhas fábricas para   que estean quentiños. Vaia, quen di quentiños di a   uns 727 C, o suficiente para que os meus pais minerais se fundan e acaben formando unhas estruturas cristalinas o bastante duras como para que eu e mais meus curmáns, o coitelo
e a culler, poidamos facer ben o noso traballo.

Xa que vos presentei os meus pais e os meus curmáns, tamén vos teño que dicir que na miña familia hai moitos máis membros, ata uns vinte.Están o vanadio e o titanio, que me axudan a que eu sexa duro. Os meus tíos, o cromo e mais o níquel, evitan que eu me oxide, por iso tamén me podedes chamar «o inoxidable». Non é por chulearme, pero os que temos un 12 % de cromo na familia somos virtualmente inoxidables. Si,  si,  podédelo  crer,  porque así conseguimos   unha capa de cromo que cobre o aceiro e nos protexe da oxidación. Xa sabedes como veño ao mundo.Queredes coñecer agora cando apareceron os meus primeiros antepasados? Pois foi hai uns miles de anos.

Ai! Como pasa o tempo! A min houbo quen me dixo que os meus primeiros antepasados viviron no tempo dos gregos, alá polo século Iv a. C.Tamén hai quen di que non foi ata o século Ix cando comecei a estar presente nas mesas para axudar os humanos a comer; disque unha tal princesa bizantina, chamada Teodora, me puxo de moda.
 
E así ata agora. Eu e mais os meus irmáns, o do peixe e o das sobremesas,estamos repartidos por case todo o mundo. Fáltanos por coñecer a China e a India, porque alí non nos necesitan para comer.
Eu estou contento cos Pérez. Trátanme ben, non me dobran nin me tiran ao lixo e úsanme para o que eu estou preparado. Como debe ser! Ah, teño que deixarvos! Veñen buscarme para levarme á mesa, seica está a comida lista e sen min non poden empezar.